Air Europa
Air Europa | ||
---|---|---|
IATA UX | OACI AEA | Indicativo EUROPA |
Fundación | 1986 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Madrid-Barajas | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 43 | |
Destinos | 44 | |
Holding | Globalia Corp. | |
Páxina web: http://www.aireuropa.com |
Air Europa é unha aeroliña española con sede social en Llucmajor, nas Illas Baleares.[1] Pertence ao Grupo Globalia (Pepephone, Viajes Halcón, Viajes Ecuador ou Pepecar).
A aeroliña ten voos aos aeroportos galegos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
En novembro de 2019 Globalia chegou a un acordo con IAG para vender a aeroliña por 1 000 millóns de euros. Agárdase que a operación se peche no ano 2020. Segundo o acordo Air Europa manterá a súa marca.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña fundouse baixo a razón social Air España S.A. e participada polo tour operador inglés ILG-Air Europe Group (International Leisure Group), tamén propietario da aeroliña inglesa Air Europe en 1984, e por bancos españois. Comezou realizando voos chárter entre España e o Reino Unido en novembro de 1986. Tras a quebra de ILG e de Air Europe en marzo de 1991 a compañía foi adquirida por Juan José Hidalgo, propietario á súa vez de Viajes Halcón e que posteriormente tamén adquiriu a almacenistas Travelplan, máis tarde Touring Club, Iberrail, Travelplannet, a comerciante polo miúdo Viajes Ecuador, Groundforce, os Hoteles Oasis, Pepeworld, o Tour operador de Florida MKTravelplan e recentemente o tour operador Travelider conformando hoxe en día Globalia Corporación Empresarial. Cando se desregularizou o mercado aéreo en España en 1993, a compañía comezou a ofrecer voos regulares.[3]
Despois dunha crise económica da compañía, parte da súa frota foi alugada a Iberia LAE en 1997. Posteriormente houbo intencións de vender a aeroliña á compañía estatal, pero non prosperaron. Fundou varias filiais como Air Europa Express, con voos rexionais, ou Air Europa Canarias, con voos chárter ás illas. As dúas pecharon en 2001.
A compañía utilizou ao largo da súa historia unha frota composta en exclusiva por avións de Boeing, especialmente B737, B757 e B767, aínda que en 2005 anunciou a compra de dez Airbus A350 e o alugueiro de catro A330-200 e un A340-200, tamén de Airbus, para realizar novos voos de longo percorrido.
O 5 de setembro de 2007, Air Europa xuntamente con Copa Airlines e Kenya Airways, anuncian a súa entrada oficial como membros alianza SkyTeam, que conta con membros como Air France, KLM, Alitalia e Aeroméxico entre outros.
O 22 de xaneiro de 2008 anuncia a compra de 8 unidades de Boeing 787-800 Dreamliner, converténdose na primeira aeroliña española en incorporar ese modelo á súa frota.[4]
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En novembro de 2020 a frota de Air Europa estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A330-200 | 8[6] | — | 24 | 275 | 299 | Serán substituídos por Boeing 787 Dreamliner.[7] |
Airbus A330-300 | 2[6] | — | 34 | 265 | 299 | |
– | 388 | 388 | ||||
Boeing 737-800 | 20 | — | 12 | 168 | 180 | |
Boeing 737 MAX 8 | — | 22[7] | TBA | Entregas adiadas indefinidamente debido aos problemas do modelo[8] | ||
Boeing 787-8 | 8 | — | 22 | 274 | 296 | |
Boeing 787-9 | 5 | 13 | 30 | 303 | 333[9] | Entregas ata 2022. Substituirán aos Airbus A330.[7][10] |
Total | 45 | 35 |
Histórica
[editar | editar a fonte]Air Europa operou anteriormente os seguintes avións:[11]
Avión | Introducido | Retirado | Notas |
---|---|---|---|
Airbus A340-200 | 2005 | 2007 | |
ATR 42 | 1996 | 1997 | |
Boeing 737-300 | 1986 | 2004 | |
Boeing 737-400 | 1994 | 2006 | |
Boeing 737-600 | 2003 | 2004 | |
Boeing 757-200 | 1987 | 1998 | |
Boeing 767-200 | 1996 | 2001 | |
Boeing 767-300ER | 2000 | 2012 | |
British Aerospace ATP | 1996 | 2001 | |
Embraer 195 | 2008 | 2017 | transferidos a Air Europa Express |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información Corporativa / Globalia Arquivado 09 de decembro de 2010 en Wayback Machine.." Air Europa. Consultado o 17 de decembro de 2010. "Air Europa Líneas Aéreas, S.A.U. ·Centro Empresarial Globalia. Apdo. Correos-132. 07620 Llucmajor - Baleares - España"
- ↑ Muñoz, Ramón (2019-11-04). "Iberia compra Air Europa por 1.000 millones de euros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ "Historia". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2012.
- ↑ Air Europa e Boeing anuncian un pedido de oito 787 Dreamliner. Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Flota". aireuropa.com. Consultado o 25 de novembro 2020.
- ↑ 6,0 6,1 "Airbus orders and deliveries". Airbus. Maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Air Europa firmó en 2015 acuerdos para adquirir 20 aviones Boeing 737-8" [Air Europa signed agreements in 2015 to acquire 20 Boeing 737-8 aircraft]. expansion.com (en castelán). Unidad Editorial Información Económica S.L. 22 de abril de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ Press (20 de xaneiro de 2020). "As new Boeing CEO takes over, it's unclear when the 737 Max will fly again". CNET.COM. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Air Europa schedules 787-9 Argentina service in March 2018". Routesonline (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Spain's Air Europa to lease four B787-9s from BOC Aviation". ch-aviation.com. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Air Europa Fleets". Airfleets.net. Consultado o 7 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Air Europa |